14 abr 2011

Reunión con Pérez Ares

O pasado dia 12 de abril, a Federación mantivo unha xuntanza co delegado territorial de ensino, o Sr. Pérez Ares, esta xuntanza fui reflexada en varios medios, e aqui están algúns recortes.





Dende a federación queremos facer constar, que nesta reunión, o responsable de inspección educativa, e o propio Pérez Ares, recoñecen que "van ter serios problemas para escolarizar a todolos nenos, neste vindeiro curso". E que como vimos reiterando, os nosos datos de poboación reflexan un incremento de natalidade, nos últimos 10 anos, que nos leba a insistir na necesidade dun novo centro de primaria.

8 abr 2011

Debete en canal Via

Neste caso, amosamos o video dun debate que tivo lugar o pasado dia 10-3-2011, en canal Via. Nel, tres don candidatos a alcaldia de Ponteareas, eras preguntados sobre diversos temas, que afectan o noso concello. Colgamos o video de cando falan do que neste caso no afecta mais directamente, a construcción ou non dun novo colexio de primaria.



Como podedes ver, todos estan dacordo, en que fai falla, veremos ver o que pasa cando pasen estas municipales.

6 abr 2011

As mentiras do señor Ares

Dende ahi xa algúns anos, a Federación ver a reclamar un novo colexio de primaria. Sabemos que a tendenza demográfica en xeral, e a baixa, pero non sucede asi no noso concello, onde o incremento da natalidade, asi como o aumento de poboación, non fan se non medrar, que afianzar a nosa demanda. O pasado dia 21 de xaneiro, o señor Perez Ares, xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, "sorprendeunos" cunhas declaracios na prensa nas que afirma, que en Ponteareas, ainda hay prazas vacantes sen cubrir, e que pola baixa da demografia, non se ten pensado facer un novo colexio de primaria.



Estes son os datos reais de poboación no noso concello.

Estes datos, amosan claramente, que dende a construcción do ultimo colexio de primaria, hay xa 12 anos, a poboación de 0-9 anos non fixo mais que medrar.
Estes datos son os oficiais, e podense comprobar na paxina do Instituto de Estadistica Nacional ine.es